O sábado 16 de febreiro, trocamos na rúa

Amarante, Caleidoskopio e Verdegaia convócanvos a participar na xornada de troco e cesión que celebraremos o sábado 16 de febreiro na rúa Urzáiz, fronte ao mercado do Calvario, de 12 a 14:00 h. Calquera persoa que desexe compartir, trocar ou ceder tanto obxectos coma servizos pode achegarse, curiosear, montar un posto ou mesmo gozar do ambiente cidadán, que agardamos estea animado con malabares e actividades paralelas.

Comentarios

Pois rematou o mercadiño

Verdegaia
Imaxe de Verdegaia
19. Febreiro 2008 - 18:34

Pois rematou o mercadiño de troco... que ao final se fixo con bendición municipal, pese as reticencias que mostraran dende o principio. A experiencia foi interesante de principio a fin: moita xente de asociacións colaborando (Amarante, Caleidoskopio, Árbore, Verdegaia...), ambiente realmente agradable e, o máis importante, moitísima participación da xente do barrio, que se achegaron por momentos "en masa" ás mesas para ver, trocar, preguntar, curiosear, asombrarse ou sinxelamente desfrutar. Ata o día acompañou cun sol de carallo... O "sabor" que deixou o mercadiño, despois de varios intentos infructuosos, foi bo, moi bo, ata o punto que non só a xente preguntou (con insistencia) cando se repetía e si pensabamos facelo de forma periódica, senón que tamén houbo bastantes persoas das asociacións que se comprometeron a organizalos de forma estábel. Así que noraboa a tod@s os que participaron e a seguir nesa liña!

Verdegaia

Transforma con nós