As asociacións e colectivos integrantes da rede de troco e cesión Vigotroca, Amarante, Árbore, Caleidoskopio, De Leite, Verdegaia e Centro Social do Calvario, invitámosvos a participar, os próximos 27 e 28 de xuño, en Vigo, nun encontro a nivel galego de economías alternativas: bancos de tempo, troco, cesión...
O obxectivo destas xornadas é propiciar un contacto entre os grupos e organizacións galegas que traballan para impulsar alternativas económicas viables. O encontro iniciarase a mañá do sábado 27 coa celebración do mercadiño mensual de troco e cesión de Vigotroca, na rúa Urzáiz de Vigo, e seguirá, tras un xantar conxunto, coa presentación dos colectivos participantes e das actividades que estades a desenvolver.
Todas as persoas que esteades interesadas en participar, ben de forma particular, ben como colectivos, apuntádevos e expóndenos as vosas propostas (actividades que podades organizar, temas que vos gustaría que se tratasen, achegas que queredes facer, etc.), antes do 10 de xuño, na dirección http://vigotroca.arkipelagos.net/contact. Con todas as propostas e suxestións recibidas estableceremos o programa definitivo das xornadas.
Así mesmo, rogámosvos que aquelas persoas que necesitedes aloxamento na cidade esa fin de semana nos avisedes coa maior antelación posible.
Vigo, 1 de abril de 2009
Amarante, Árbore, Caleidoskopio, De Leite, Verdegaia e Centro Social do Calvario
- Loguéarte ou rexístrate para enviar comentarios











Comentarios
Outro pleno intenso, en
Outro pleno intenso, en Vigo. Os veciños da depuradora persentáronse no Concello novamente, pra reventaren o acto. Non están dacordo coa construcción da macrodepuradora no mesmo lugar que sofren, que levan sofrido por anos a actual, o regalo de Cuíña.
Foron ducias de persoas as que entraron no lugar, armados de pancartas e mascarillas. O novo alcalde, Abel Caballero handbags, vaino ter difícil, que non por guaperas se lle van dar mellor as cousas. Insiste na cabezonada de Cuíña, pero anos despois e magnificando o seu disparate, porque nunha zona de marismas, que se ve periódicamente asolagada polas mareas, non se pode facer unha depuradora de augas sucias. Prohíbeo, como teño dito en máis dunha ocasión, a Lei de Costas, art. 44.6. Prohíbeo tamén a Constitución.
Caballero interrumpeu a sesión media hora, cando xa os veciños verteran no local varias botellas de auga contaminada da depuradora, así como productos da súa horta, de cuia salubridade dubidaban. Os veciños piden a depuración dos políticos contaminados. Seguiron momentos de tensión, ata que se levantou a sesión, evitando Caballero o recurso á forza pública.