Buscanse persoas interesadas en colaborar en proxectos e actividades do CSA A Formiga

O Centro Socual a formiga pretende ser un proxecto de autoxestión, difusión e intercambio de cultura livre, un espazo de encontro e debate en prol dun cambio social efectivo.

 

Precisamos de persoas interesadas en colaborar nesta iniciativa xa sexa de forma puntual participando ou organizando algunha actividade en concreto, coma de xeito máis habitual entrando así a formar parte da asamblea . Estas son totalmente abertas polo que non se perde nada por probar :)

 

Nestes intres estamos a organizar unhas xornadas previstas para a fin de semá do 31 de Xullo e 1 de Agosto, e gostaríamos contar coa colaboración de calquera que queira compartir a súa arte (contacontos, monologuistas, actuacións teatrais, performaces, cantautorxs...).

 

Ainda que nesas datas non esteades dispoñibles, podedes contar co espazo para calquera momento, así que non dubidedes en contactar con nós cando sexa.

 

O que ofrecemos nós e comida vexeta ou vegán, un espazo onde durmir e gastos de desprazamento. Pero por enriba de todo, unha moi boa experiencia nun marco incomparable de beleza paixasística ó carón de Ría e con vistas á Illa de San Simón; e, como non a nosa compañía e amizade

 

Podedes coñecernos un poquiño máis no noso espazo ou mandar email a csaformiga@yahoo.es