chapuzas

Preciso fontaneir@ para cambiar unha billa

 

A billa do lavabo non para de pingar. Xa temos a nova, pero nin idea de como se cambia!!

É quitar a vella e colocar a nova... parece faciliño e todo!!

¿¿Alguén que saiba??

Trocamos este servizo por un lote de productos ecolóxicos (...de comer!!)

É urxente!

Graciñas

Pintar e reparar desconchados dunha habitación

Boas estamos na procura de alguén que nos axude a pintar unha habitación que ten varios desconchados que non sabemos como arranxar.

Se sabedes como facelo ou tedes ganas de axudarnos...

A cambio podedes pasar pola nosa casas e ver se hai algo que vos guste.

Procuramos dun manitas

Temos que trocar unhas lampadas fluorescentes das típicas.

Se tes coñecementos pra facelo e queres, xa sabes.

Trocamolo servizo por unha caixa de froita ecolóxica composta por:

1 quilo de peras.

2 quilos de mazás.

2 quilos de laranxas.

4 quilos de kiwis. (galeguiños e de tempada)