furgon

Quen quere axudarme a transportar un somier?

 

Ola,as reformas as veces....a maioría das veces levan mais tempo do que un quixer.

Levo meses durmindo nun puff;nun sillón que se transforma en cama e non descanso ben.

Teño un colchón de látex dende hai anos co seu somier de 90.

O colchón como se dobra o puiden traer co carro (como me pesou,uff!......;-) ),pero o somier non me cabe.

Sería dende Sanjurjo Badía 99,en Teis,ata Chapela preto do Mercado,nunha Rúa paralela á Avda. de Vigo,máis abaixo; na rúa Cubillón.

preciso furgoneta

Ola, vou facer unha viaxe longa (ata Irlanda) e precisaría unha furgoneta ou furgón tipo vanette, fiat scudo, westfalia ou algo dese tamaño. Non me importa o aspecto, o único que me interesa é que o motor aguante ate chegar. Non teño moitas posesións materiais ( e ós meus amigos non estou disposta a trocalos), pero se vos interesa algún dos meus cadros volos cambio encantada, e tamén teño un piano eléctrico yamaha 498 prácticamente sen estrear. Se tedes algun veículo dese estilo do que esteades dispostos a desfacervos, faríadesme un grandísimo favor.