Xa montamos en Valadares o laboratorio alg-a!!

Este pasado fin de semana fixemos o obradoiro de montaxe do laboratorio alg-a.

Pensabamos que o tempo íanos frear pero finalmente o fixemos!

Podedes leer as crónicas día a día aquí.

 

 

Monos, cascos, guantes de traballo para alg-a LAB

Ola, o mes que ven empezamos coa montaxe do laboratorio alg-a, imos facer unha convocatoria pública(aqui vai o cartel...a convocatoria redactada poñereina máis adiante) e imos precisar material de traballo...polo menos 20 unidades, sei que non é doado atopar tanto pero todo o que teñades será benvido.

Gracias.

 

Cesión de terreo para o laboratorio Alg-a

Quería facer agradecemento a Vigotroca xa que o laboratorio alg-a atopou un espazo en Valadares en parte á deriva de poñer o reclamo nesta páxina xa que foi motivo de saires no periodico e de ser lidos pola persoa que cedeu este espazo.

No mes de abril empezaremos a montaxe de dito laboratorio, para mais info www.alg-a.org

 

Ofrezo clases de pintura por servicios de fontanería.

Estou arranxando un baixo que necesita algúns retoques e a cambio podo esinarche a pintar.

 

TROCO MANIQUÍ POR LAMPARA

Pero unha lámpara orixinal, de cristal polo menos...gústanme unhas que hai expostas no bar Patos...con forma de Medusa.Pero xa sería moito pedir!

 

 

TROCO CAMARA ANALOXICA con FUNDA por algo interesante

Se tes algo interesante para ofertar douche a miña camara analóxica que ten uns aniños xa pero que ainda lle faltan batallas.

Marca:Samyang, D-400x

Con obxetivo de 35-70.

 

Ollo: A cámara non é a da foto.

Troco tele pequena philips por scanner en perfectas condicións( é para ilustración)

Iso, teño unha tele pequena destas pa cocina ou habitación e o meu escaner finiquitou.

Se estas interesado escribeme tamén ó meu correo: antia (a) alg-a (dot)org

Gracias,

Antía.

Necesito radiografías!!

Necesito radiografias pra un proxecto de ilustración...a cambio fagoche un retrato a collage!

Colectivo alg-a busca terreo para laboratorio artístico

Pois eso, queremos facer un laboratorio artístico cuns containers que nos cedeu o arquitecto Santiago Cirujeda, o podedes ver máis amplo:

http://www.alg-a.org/spip.php?rubrique8

Para contactarnos: antia@alg-a.org

Saudos.

MANIQUI POR BICICLETA

Ola,

Teño un maniquí do que me quero deshacer, é un maniquí de home cunha postura natural sentado o cal se descompón en brazos, pernas e torso.

Estou interesada nunha bicicleta, pero se tes algo relacionado coas belas artes, ou cousas curiosas acepto ofertas!