Monos, cascos, guantes de traballo para alg-a LAB

Ola, o mes que ven empezamos coa montaxe do laboratorio alg-a, imos facer unha convocatoria pública(aqui vai o cartel...a convocatoria redactada poñereina máis adiante) e imos precisar material de traballo...polo menos 20 unidades, sei que non é doado atopar tanto pero todo o que teñades será benvido.

Gracias.

 

TROCO MANIQUÍ POR LAMPARA

Pero unha lámpara orixinal, de cristal polo menos...gústanme unhas que hai expostas no bar Patos...con forma de Medusa.Pero xa sería moito pedir!

 

 

Troco tele pequena philips por scanner en perfectas condicións( é para ilustración)

Iso, teño unha tele pequena destas pa cocina ou habitación e o meu escaner finiquitou.

Se estas interesado escribeme tamén ó meu correo: antia (a) alg-a (dot)org

Gracias,

Antía.

Necesito radiografías!!

Necesito radiografias pra un proxecto de ilustración...a cambio fagoche un retrato a collage!

Busco teclado a cambio douche un cuadro!

Estou na procura dun teclado, se tes un que non usas e che gusta un dos meus cuadros cambiocho!

Ver meus cuadros aqui, consultame xa que algúns xa non os teño.  

Necesito unha bicicleta, que queres a cambio?

Bueno, eu xa teño pero é unha amiga que non ten internet e necesita unha bici.

Ela pode ofrecer clases de inglés por exemplo.

 

Cambio perchero rococó de pared por telas estampadas.

É un perchero de pared con 5 ganchos, dorado  e un dos ganchos teria que soldarse.

 

Busco LA ODISEA de HOMERO

Podo dar a cambio algo que precisedes, so hai que negocialo.